It seems as though Louise Brooks is more popular in Europe than in the United States. Here is an article from a few days ago (from Galicia, in Spain) mentioning the actress . “ 'O sono silente', espectáculo inspirado no cine mudo, no Teatro Colón" appears on the Xornal website.
“O sono silente”, espectáculo inspirado no cine mudo, no Teatro Colón
Inspirase na actriz Louise Brooks e nas súas principais películas.
Miércoles, 18 de febrero de 2009
XORNAL.COM I A Coruña.- Mañá, xoves 19 de febreiro, ás 20.30 horas, o Teatro Colón Caixa Galicia acollerá a representación de ‘Sono Silente’, un espectáculo inspirado no cine mudo dos anos 20 e 30 que toma como referente a imaxe potente da actriz Louise Brooks e dous dos seu filmes máis coñecidos “The Canary Murder Case” e “Pandora’s Box”.
A ausencia da palabra, a forza da imaxe, o valor da mirada e a linguaxe corporal e xestual coinciden, en gran medida, coa visión plástica e poética das obras de BStudio. Unha análise da imaxe estereotipada da muller no discurso cinematográfico da época, para describir e clasificar os roles que se lle asignaban aos papeis femininos.
Este proceso ten como obxecto cuestionar o sentido da muller, tanto como figura dentro da pantalla, como creadora fóra dela.
BStudio é unha compañía de danza contemporánea (danza-teatro) que ten como obxectivo desenvolver unha linguaxe persoal de “corpos reflexivos” que sirva para expresar emocións e sentimentos. Representa coreografías sociais, conta historias próximas ao público que esperten a súa curiosidade e reflexión dentro dunha plástica que penetre polos sentidos. A dramatización, a escenografía, o vestiario e a música amalgámanse coa danza para ir máis alá dun mero espectáculo de danza.

No comments:
Post a Comment